Alumnos de Cisneros seguen inmersos no proxecto “Civismo versus Vandalismo” en colaboración con APES. Esta vez tocoulle estar a pé de rúa co Test #VidaCívica .
Civismo vs Vandalismo é un enredo co que se pretende concienciar aos máis novos do problema de consumo de alcohol e o vandalismo.
Hoxe comezouse a recollida de datos; seguirase a facer e despois procesaranse e teredes os resultados publicados.
Desde aquí queremos agradecer a amabilidade dos enquisados que facilitaron o traballo dos nosos alumn@s: un bo número de mozos e mozas ademais de ex-alumnos e representantes de Tixola Tapería Vinoteca, Turini Sport, La Voz de Galicia, Aula da Natureza, … e moitos máis que agardamos… Graciñas…