O Belén do Colexio Cardenal Cisneros gañou o 1º Premio do XXI Concurso de Beléns Públicos de Ourense na Categoría de centros escolares, aqueles confeccionados por alumnado de ensino non universitario (houbo vintedous participantes).
O traballo foi realizado con rolos de papel e moita imaxinación. Con eles construiron as figuras principais do misterio e representaron persoeiros e acontecementos ocorridos ao longo do ano: afiador, o carro do Xocas, … os 40 anos da carreira San Martiño, os 50 anos da posta en marcha da Central de Velle, os 1700 anos do nacemento de San Martiño con exposición filatélica, homenaxe ao Chapacoense, o parque infantil de tráfico, …
E non podía faltar un “guiño” ao proxecto sobre o vandalismo no que estamos inmersos…. No Belén aparecen uns varredores recollendo o lixo ao carón dun cartel no que se transforman a palabra vandalismo en civismo.