O proxecto de Vandalismo no Belén

O Belén do Colexio Cardenal Cisneros gañou o 1º Premio do XXI Concurso de Beléns  Públicos de Ourense  na Categoría de centros escolares,  aqueles confeccionados por alumnado de ensino non universitario (houbo vintedous participantes).

O  traballo foi realizado con rolos de papel e moita imaxinación. Con eles construiron as figuras principais do misterio e representaron persoeiros e acontecementos ocorridos ao longo do ano: afiador, o carro do Xocas, … os 40 anos da carreira San Martiño, os 50 anos da posta en marcha da Central de Velle, os 1700 anos do nacemento de San Martiño con exposición filatélica, homenaxe ao Chapacoense, o parque infantil de tráfico, …

E non podía faltar un “guiño” ao proxecto sobre o vandalismo no que estamos inmersos…. No Belén aparecen uns varredores recollendo o lixo ao carón dun cartel no que se transforman a palabra vandalismo en civismo.

 

 

Graffiti é arte

O 5 de decembro de 2016 un grupo de alumnos descubriron in situ o valor dun traballo artístico:  o GRAFFITI.  É unha obra de arte pictórica realizada nunha parede, un muro, … ou nun contedor neste caso.

Está exposto de xeito público para que todos o vexan e o disfruten día a día.

Nada que ver coas pintadas en lugares da cidade que son actos vandálicos.

O día do voluntariado, os alumnos diferencian pintada (acto vandálico), de graffiti (arte pictótica)

Os alumnos ao carón dun contedor decorado con graffiti para a ocasión