Clausura proxecto Cuestión de Xénero 2016

O xoves 16 de xuño de 2016 celebrarase a clausura do proxecto “Cuestión de xénero” que Cisneros leva desenvolvendo durante este curso en colaboración con APES.

Estaremos no Espazo Xove para ensinar os nosos traballos e, sobre todo, para dar conta do traballo de concienciación sobre a violencia de xénero en rapaces e rapazas novos.

Para rematar a nosa parte do acto, temos o pracer de contar cun ex-alumno do colexio, o recanteiro Marcos Pardo que interpretará unha canción composta por el para o proxecto: “Maldito silencio”

Xa vos contaremos…

Clausura 2016 APES

Colección filatelia sobre violencia de xénero

Alumnos de Cisneros quixeron plasmar os seus coñecementos adquiridos sobre violencia de xénero nuha colección temática de filatelia.

O seu traballo está exposto no Auditorio Municipal de Ourense do 27 de maio ao 5 de xuño de 2016 dentro da XXVIII EXFIGALICIA 2016, Campionato Galego de Filatelia.

Está provocando moito interese, ata o punto de que participa en competición.

A súa puntuación o sábado 4 de xuño…

DSC_0694 (Copiar)