Violencia de Xénero na filatelia

Os alumnos de Cisneros, inmersos no proxecto “Cuestión de xénero” con APES decidiron buscar material filatélico sobre a violencia de xénero para montar unha colección temática.

Esta modalidade de presentación de traballos consiste en elixir un tema e facer o desenrolo  do mesmo empregando como ilustracións selos de Correos, sobres, tarxetas, …

Todo está iniciado xa hai tempo e están ultimando detalles xa que a colección participará no Campionato galego de Filatelia, EXFIGALICIA 2016 que se celebra en Ourense do 28 de maio ao 5 xuño organizado pola Sociedade Filatélica, Numismática e Vitolfílica Miño da cidade.

Un adianto…

20160511_085856 (Copiar)

Algún material do que aparecerá no traballo

20160511_094805 (Copiar)

Escollendo pezas

Xa iremos contando algo máis…

“Maldito silencio” de Marcos Pardo

O ex-alumno de Cisneros Marcos Pardo, dedica unha canción para concienciar sobre a violencia de xénero.

Marcos Pardo 1

Comentámoslle algo do tema e aos pouquiños días deléitanos coa canción “Maldito silencio”.

Compartimos con vós a primeira proba da mesma cantada a capela polo artista que está representando a Ourense Norte no Concurso Recantos da TVG.

Parabéns Marcos polo teu bo facer!!

 

 

 

 

Vídeo para reflexionar…

Para reflexionar…

Vídeo realizado pola Asociación Bonhomía de Lugo para  sensibilizar sobre a violencia simbólica exercida contra as mulleres. A violencia de xénero vai moito más alá da violencia física e este tipo de violencia aunque aparentemente inofensiva, perpetúa os estereotipos de xénero, fomentando a relegar ás mulleres a un papel subordinado e a manter unha sociedade desigual donde as mulleres son menos.

Fonte:  http://observatorioviolencia.org/