Alumnos e alumnas de Cisneros participantes no programa “Cuestión de xénero” quixeron expresar os seus sentimentos a través dunhas flores que levaban mensaxe.
E… como o fixeron???
Precisaron:
- Papel branco (DIM A4 por exemplo)
- Tesoiras con formas
- Un bote circular (ou un compás)
- Pintura cera morada
- Encadernador
- Lazo
- Imperdible
- Bolígrafo morado
Dobrar o papel en catro partes e marcar o círculo.
Recortar coas tesoiras onduladas.
Pintar un pouco os bordes coa cera.
Escribir en sentido circular unha frase:
Neste caso elixiron dentro do abecedario en contra da violencia de xénero como: “Queremos de A de amar e non de Acosar”, “Queremos B de Bicar e non de Berrar”, …
Engurrar cada círculo xa preparado (si!!!…. engurrar)
Volver estirar con xeito.
Coller catro, colocalos un enriba doutro e atravesalos polo centro cun encadrenador.
Darlle forma a cada pétalo dun en un.
Na parte traseira atar un lazo e colocar un imperdible.
LISTO!!!
A mensaxe agochada …
O xeito de crealas serviulles para facer unha comparanza coas mulleres maltratadas.
En principio estaban perfectamente (como as follas de papel); posteriormente foron desfeitas polo maltrato (como os pétalos engurrados), mais a continuación, con cariño e paciencia conséguese que volvan renacer con luz propia (tal como luciron as flores despois de recompoñelas con xeito).
“Hai vida despois do maltrato; só temos que pedir axuda”