O día 25 de novembro de 2015, coincidindo co Día Internacional da eliminación da Violencia contra a Muller, alumnos de Cisneros uníronse a un grupo de Luis Vives baixo a batuta da Asociación APES e participaron nun acto colectivo na Alameda de Ourense.
Comezou a xuntanza coa lectura dun Manifesto Institucional por parte do Alcalde da cidade, Jesús Vázquez, que estivo acompañado pola Corporación Municipal e distintas personalidades da política, a cultura, a arte, a música, …
Actuaron o grupo Trécola Teatro e o cantautor Emilio Rúa fixeron aflorar o sentimento dos asistentes; a continuación Abel polo Colexio Cardenal Cisneros e unha rapaza de Luis Vives foron os encargados de ler o Manifesto dos nenos representando a todos os rapaces de Ourense.
As súas palabras fixeron amosar as bágoas aos ollos dos que alí estaban ao lembrar aos 42 nenos que quedaron orfos pola violencia contra a muller.
Un corazón formado por alumnos de ámbolos dous centros portando globos brancos, entrevistas na rúa, cartaces e murais con lazos por cada muller morta este ano e un abecedario contra o machismo, todo baixo a cor morada que simbolizaba o día.
As flores de papel con frases de sensibilización escritas nos seus pétalos foron agasalladas ao público simbolizando o posible renacer das mulleres. Para facelas tiveron que engurrar o papel igual que as mulleres son machicadas polos maltratadores; así e todo, despois tiveron que estiralas e colocalas e convertéronse nunha fermosa flor, tal e como desexamos para as mulleres que padeceron violencia, que poidan florecer de novo.
Unha ilustrativa lección de traballo colaborativo e de implicación que nos deron os alumnos.
Bo comezo para o proxecto “Cuestión de xénero” no que estamos implicados e que xa tivera unha sesión de traballo no Espazo Xove.
Moitas grazas a todos e todas os que o fixestes posible!!